Medio centenar de persoas participan na Marcha Nocturna ao Monte Marraxón
Unhas sesenta persoas confirmaron a súa participación na Marcha Nocturna ao Monte Marraxón organizada polo Concello de Neda. Marcha que partirá ás 22,30 horas da Casa da Cultura, desde onde se iniciará unha ruta de dificultade baixa. Á chegada a Marraxón, os participantes farán un alto no camiño para disfrutar das vistas e, se o tempo o permite, repoñer forzas cuns bocadillos e refrescos.











