Medio centenar de aspirantes son evaluados para optar aos postos de socorristas e patróns en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Un total de 47 candidatos realizaron esta mañá no salón de plenos a proba teórica que lles permitirá optar a un dos 15 postos de socorrista ou 3 de patrón que o Concello de Cangas oferta coa finalidade de mellorar a seguridade nos areais municipais durante os meses de verán.

Das 44 solicitudes presentadas para os postos de socorrista, foron 34 os candidatos que se presentaron ao exame mentres que para as prazas de patrón das 16 inscricións rexistradas realizaron a proba 15 candidatos. Dous dos aspirantes optaban tanto a un posto de socorrista coma a un de patrón.

A proba teórica consistiu nun test de 25 preguntas con tres opcións cada unha, valorado en 50 puntos. Para superala é necesario acadar unha puntuación mínima de 25 puntos.

Esta previsto que mañá xoves se publique o no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web o resultado de este exercicio. Os candidatos que o superen con éxito deberán presentarse ás probas prácticas que se realizarán o luns ás 10.00 horas no caso dos patróns e o martes a mesma hora no dos socorristas.

10 de xuño de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.