Medio Ambiente prevé mellorar a seguridade viaria en Abegondo coa construcción dunha glorieta

Plano da glorieta
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia as obras de mellora da intersección da AC-542 (Betanzos-Mesón do Vento) coa CP-0106, á altura do p.q. 7+700 en Mabegondo, por un importe de 235.000 euros. Con esta actuación, levarase a cabo a optimización da rede viaria de Galicia, de xeito que se proporcione aos usuarios unhas condicións de condución cómodas e seguras.
Trátase dunha obra que se vai a executar mediante un convenio co Concello de Abegondo. A actuación adxudicouse a Construcciones Ponciano Nieto S.L. por máis de 210.498,05 euros e ten un prazo de execución de seis meses.
Situación actual
Na actualidade preséntase unha situación de inseguridade viaria derivada dos xiros á esquerda existentes, que se ven agravados pola alta intensidade de tráfico entre ambas as dúas estradas, debido ao enlace coa A-6 que se atopa a pouca distancia desta intersección na CP-0106.
A actuación consistirá na construción dunha glorieta de catro accesos na estrada AC-542, que ordenará todos os movementos que se producen na zona en dirección Carral, Oza dos Ríos, Betanzos ou Abegondo. Como obras complementarias destacan a instalación de beirarrúas e dunha nova marquesiña, colocación de bordos e iluminación da nova glorieta.
A execución destas obras, cuxo prazo é de seis meses dende a sinatura do contrato, beneficiará os máis de 5.800 habitantes do concello de Abegondo.
Neste contexto, a Axencia Galega de Infraestruturas, en colaboración co Concello de Abegondo, trata de fomentar aqueles investimentos que resolvan problemas nas infraestruturas, coa finalidade dun desenvolvemento económico e social que proporcione unha maior calidade de vida aos seus cidadáns.
No seguinte plano pódese apreciar a rotonda que mellorará a circulación do tráfico nesta zona do concello coruñés de Abegondo.