Maxia e actividades de verán en Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

SÁBADO 28 Ás 12,00 HORAS –  MULTIUSOS DE ARCADE

Presentación Actividades Verán 2014

Información da  primeira semana e a relación de admitidos en www.soutomaior.com. 

SÁBADO 28 Ás 21,00 HORAS – ALAMEDA TALO RÍO (ARCADE)

MAXIA NO CAMIÑO – A ILLA D@>S NEN@S

Este espectáculo está baseado na maxia infantil, no que o Mago Paco fainos un percorrido polos seus mellores xogos de maxia cos que pretenderá mergullar a todo o público no seu mundo fantástico, cheo de ilusión e sorrisos.

É un espectáculo versátil, aberto e adaptado a calquera espazo de representación. Está guiado por un peculiar personaxe “O Mago Paco” que fai de cada xogo un momento diferente, nos que os nenos son os verdadeiros protagonistas; creando así un espectáculo propio dunha mente infantil: aloucado, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas.

27 de xuño de 2014 | 13:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.