Manuel Baltar recibe ao decano do Colexio de Avogados de Ourense

Manuel Baltar na reunión co decano do Colexio de Avogados de Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no seu despacho do Pazo Provincial ao decano do Colexio de Avogados de Ourense, Arturo González, e á vicedecana de dito organismo, Pilar López, xuntanza na que analizaron liñas de colaboración entre ámbalas dúas institucións. Entre as iniciativas nas que a deputación vai dar o seu apoio aos avogados ourensáns figura a organización dos XVI Encontros estatais de servizos de orientación xurídica penitenciaria dos colexios de avogados de España, un evento que, segundo explicou Arturo González, terá lugar no mes de novembro e no que se analizará a situación penitenciaria dende o punto de vista xurídico, por medio de relatorios e mesas de debate. Baltar e González tamén falaron da designación que realizará o Colexio de Avogados de Ourense dun membro que formará parte do Comité de Ética, tal e como recolle o Código Ético da Deputación de Ourense.











