Máis de cen marcas de viños Rías Baixas danse cita na London Wine

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocal PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+
Stand da D.O. Rías Baixas na London Wine

Stand da D.O. Rías Baixas na London Wine

Corenta e nove adegas con 105 marcas danse cita estes días na London Wine 2014 que nesta edición regresa ao céntrico recinto londiniense de Olympia. Este gran escaparate de viño centrará a súa mirada nos viños de Rías Baixas que hoxe, precisamente, protagonizan unha Masterclass, baixo o título “Todo sobre o Albariño” que imparte o experto Peter McCombie, Master of Wine desde 1994 con gran prestixio ás súas costas, gran coñecedor dos viños españois e que desenvolve traballos de consultor e catador para hoteis e restaurantes…

Ademais, os vinte e dous metros cadrados de caseta deste Consello Regulador será o punto de referencia dos viños de Rías Baixas para os visitantes internacionais que estes días percorren esta feira de gran prestixio no mercado anglosaxón e que é unha cita indispensable para esta denominación. Non en balde Reino Unido é o principal mercado internacional dos viños españois, e o segundo no caso da D.O. Rías Baixas que no exercicio 2013 exportou 695.862 litros, incrementando esta cifra un 29,43 % con respecto ao ano anterior, uns litros que se traduciron en 3.314.703 €, un 23,57 máis que no 2012.

3 de xuño de 2014 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.