Mais de 80 prazas gratuítas en Salvaterra para actividades infantís

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño a través da súa Concellería de Cultura ven de presentar as actividades infantís  de xullo.

Terminan as clases e empezan as vacacións para os mais pequenos da casa, e con ese motivo o Concello de Salvaterra presenta a súa programación de actividades, pensadas e enfocadas cara eles con diversas actividades en horario de mañá.

Por un lado haberá un campamento de Verán, que se dividirá en dúas quendas, que irán do 7 ao 22 de xullo e do 23 de xullo ao 6 de agosto. Este Campamento irá dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, en horario de 10.00 a 13.00h, e levarase a cabo en diversos emprazamentos como a Casa de Cultura, o Parque Público A Canuda e o Pavillón Municipal, onde se realizarán xincanas, teatro, xogos populares, talleres, manualidades, actividades deportivas ….

Por outro lado a Biblioteca Municipal tamén realizará actividades, dirixidas a nenos e nenas de 4 a 9 anos, tamén en dúas quendas, do 4 ao 17 de xullo e do 18 ao 31 de xullo, en horario de 10.00 a 12.00h, con actividades como lectura, xogos didácticos, manualidades….

Deste  modo o Concello ofrece una alternativa de ocio a todos aqueles nenos que queiran aprender, facer deporte e convivir con outros nenos e nenas no verán.

Todos aqueles que estean interesados deberán dirixirse ao concello a anotarse, xa que as prazas son limitadas. Recordamos que as actividades son gratuítas, para empadroad@s no municipio. Para mais información 986 658 082

24 de xuño de 2014 | 10:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.