Máis de 300 personas participarán na quinta edición de Pescadubra
Unhas 300 persoas acudirán o próximo sábado (7 de xuño) a Val do Dubra para participar na décimo quinta edición de Pescadubra. Esta actividade, que terá lugar na área fluvial de Bembibre, pretende potenciar a integración das persoas con diversidade funcional, eliminar barreiras e fomentar o deporte da pesca no río. Na organización de Pescadubra, que xa cumple quince edicións, participan o Concello de Val do Dubra, a Deputación da Coruña e a Asociación de Pescadores Ranqueiro.
O sábado pola mañán estará dedicado ás persoas con diversidade funcional. A xuntanza, na área recreativa de Bembibre comenzará ás 10.00 horas. E a pesca iniciarase ás 10.30 horas. O xantar campestre está previsto para as 13.30 horas. Segundo os organizadores, chegarán participantes de todas as provincias galegas. Estiman que serán arredor de 200 persoas as que participen na pesca, actividade que estará coordinada pola asociación Avante, que fomenta a integración das persoas con diversidade funcional e que está vinculada a Cogami. Esta asociación conta cun centro em Niveiro, no Concello de Val do Dubra.
Xa o sábado pola tarde Pescadubra estará adicada a nenos e nenas. Serán arredor de 100 rapaces e rapazas os que acudan a Bembibre. A xuntanza comenzará ás 16.00 horas e a pesca iniciarase ás 16.30 horas. A merenda, tras unha tarde de disfrute da pesca no río, será a partir das 19.15 horas. Moitos dos participantes terán por primeira vez contacto co mundo da pesca fluvial.