Máis de 300 deportistas desputarán en Ferrol a final do campionato da Federación Española de Surf
A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá o Campionato de España 2014 da Federación Española de Surf (Fesurf), que se disputará do 30 de xuño ao 6 de xullo na praia de Doniños. A edil estivo acompañada por representantes da Federación Española de Surf, organizadora do evento que conta co patrocinio do Concello de Ferrol.
Máis de 300 deportistas se darán cita nesta competición polos títulos nacionais. O Campionato de España por equipos autonómicos terá lugar os días 30 e 1 e estarán representadas as rexións de Galicia, Cantabria, Canarias, Asturias, Andalucía e Valencia. Así mesmo, do 2 ao 6 se disputarán as competicións individuais do Campionato de España 2014 en todas as categorías: Surf Open, Surf Feminino, Surf Sub 18 (masculino e feminino), Surf Sub 16, Surf Sub 14 (masculino e feminino), Bodyboard Open, Bodyboard Feminino, Bodyboard Sub 18 (masculino e feminino), Bodyboard Sub 16, Bodyboard Sub 14, Longboard Open, Sup Olas Open e Sup Olas Feminino. Martínez Galdós invitou aos deportistas “a gozar das nosas magníficas praias que son perfectas para practicar surf”, ao tempo que quixo felicitar aos organizadores da competición “porque estou segura que será un éxito”.
Pola súa banda, os representantes da Federación Española de Surf destacaron que esta competición é o maior evento nacional porque conta cun gran número de participantes. Así mesmo, tamén quixeron agradecer a colaboración do Concello de Ferrol.











