Máis de 150 persoas participaron na andaina da ‘Ruta dos Santuarios’
Máis de 150 persoas dos municipios de Chaves e Verín participaron na 8ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín AECT ‘Ruta dos Santuarios’. Esta ruta contemplou a visita ao Santuário de N.ª Sr.ª das Necessidades e do Engaranho, en Castelões, ao de N.ª Sr.ª da Aparecida, en Calvão, finalizando no de S. Caetano, cunha convivencia entre todos os participantes, organizada en conxunto pola Junta de Freguesia de Ervededo.
A Eurocidade Chaves-Verín AECT, promoveu así unha edición máis das súas andainas, co obxecto de incentivar a práctica deportiva física pola natureza e a convivencia entre flavienses e verinenses, nun percorrido de de dificultade media de aproximadamente 11 quilómetros de distancia.
A iniciativa contou coa colaboración da Associação Flaviense de Caminheiros, Asociacion de Sendeirismo Ruta das Augas, Multisport Verín, Termas de Chaves – SPA do Imperador, União de Freguesias de Calvão e Soutelinho da Raia, Freguesia de Ervededo, Bombeiros Voluntários de Salvação Pública, Lar do Bom Caminho de Calvão e Cruz Vermella Monterrei.











