Máis de 150 alumnos do Manuel Padín Rruiteiro homenaxean cunha exposición fotográfica á antiga fábrica de Pontesa
Corenta anos de historia e traballo nuns dos grandes motores económicos da comarca estarán dispoñibles ao público no edificio Multiusos de Arcade a través da exposición “Pontesa, lembranzasdunha fábrica”. De man de 153 alumnos do CEIP Manuel PadínTruiteiro, os visitantes poderán percorrer a historia desta factoría a través das fotografías e textos que ilustran desde os seus inicios até o seu estado actual. A exposición celebrará a súa inauguración o 17 de xuño cun concerto a cargo do coro do alumnado do mesmo centro.
O traballo comezou o pasado mes de novembro cando guiados pola profesora, Ana Aguiar, os alumnos empezaron a deseñar a mostra e escoller a misión de cada un deles. Sete meses despois, o resultado son un total de 70 fotografías, acompañadas con textos, entrevistas e diferentes composicións co que estes alumnos de secundaria queren render homenaxe a unha fábrica que chegou a empregar a mil cen traballadores na súa mellor época. A través das instantáneas e os testemuños reais de antigos traballadores, a exposición reflicte o desenvolvemento da factoría desde a súa fundación en 1961, cando era unha da fábrica máis modernas do momento xa que estaba completamente electrificada e era pioneira pola súa incorporación da automatización ao proceso industrial, até os peores momentos da súa historia que levaron ao peche total en 2001 e ao esquecemento actual.
A xornada festiva completarase co concerto ofrecido polo Coro de Alumnos do Manuel PadínTruiteiro, no que intervirán as profesoras de música do centro Raquel Sestelo, como soprano, e Paula Veiga, ao piano.
A exposición estará aberta ao público de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 excepto os días 17, 19 e 20 de xuño que o fará de 15:30 a 20:30 horas. Este proxecto, encadrado no programa Fotografa en Curso da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Soutomaior, busca espertar entre os escolares o gusto e a atención pola fotografía, facilitándolles as ferramentas teóricas e prácticas para descubrir este universo visual. Todas as creacións resultantes programa están abertas ao público a través da páxina web www.fotografianecurso.org











