Lugo acollerá as finais de copa das ligas autonómicas infantil e cadete
Este sábado 28 de xuño o Palacio Municipal dos Deportes de Lugo acollerá as finais das Copa das ligas autonómicas infantil e cadete, encontros que están organizados pola Federación Galega de fútbol sala e que conta coa colaboración da Fundación Azkar e o Excmo. Concello de Lugo.
Sábado 28/06:
Palacio Municipal dos Deportes de Lugo:
17:30 horas – final infantil: Azkar Lugo – Colegio Liceo
19:00 horas – final cadete: EDC Verín – Burela FS











