Lucho visitou esta tarde aos nenos do Campus do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Lucho na visita ao campus do Santiago Futsal

Lucho na visita ao campus do Santiago Futsal

Continúa o Campus de Verán do Santiago Futsal onde os pequenos melloran a súa técnica en fútbol sala. Para iso contan cos mellores monitores do club e esta tarde recibiron unha importante coa que charlaron durante un bo intre. Trátase de Lucho, o xogador do Santiago Futsal, que tras a súa sesión de rehabilitación acudiu a Santa Isabel a visitar aos nenos do Campus, onde lles contou como está a ser o proceso de recuperación do seu xeonllo operado. Os pequenos preguntáronlle como estaba e tamén lle desexaron que se recupere canto antes para volver velo nas pistas como antes.

Mañá será o último día do Campus e realizarase o tradicional Mundialito para culminar coa entrega de diplomas, que contará con outro gran convidado, o canteirán David Pazos, que acudirá ao Campus para despedirse dos nenos tras anunciar a súa marcha do club santiagués, no que milita desde os 12 anos.

19 de xuño de 2014 | 20:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.