Lúa Piñeiro e José Fernández acadan ouro e Katia Calvar a prata no Open de Suíza de Taekwondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Magníficos resultados para os deportistas galegos que participaron esta fin de semana no Open de Suiza: Dos ouros e unha prata. Lúa Piñeiro (-67) e José Fernández (-74) lograron a medalla de ouro no Open de Suiza, mentres que Katia Calvar (-62) acadou a prata. Estes resultados suporán para todos eles importantes puntos para os rankings mundial e olímpico. O Open de Suiza, da clase G-1, tivo unha participación de case catrocentos deportistas e dun alto nivel competitivo, polo que o resultado é aínda máis importante.

Lúa comezou a competición contra a suiza Victoria Unt logrando un contundente resultado (19-1), para en cuartos enfrontarse á checa Iveta Jirankova (7-4). O combate máis duro foi o das semifinais contra á polaca Jagoba Ulfig, á que superou no punto de ouro. A final enfrontrouna á croata Petra Matijasevic, unha rival moi dura e cun bo curriculum deportivo, e logrou o triunfo por 9-5.

Pola súa banda, José Fernández logrou a medalla de ouro tras superar na final ao búlgaro Teodor Georgiev por un resultado de 4-2. Antes eliminou ao francés Ismael Bouzid (7-4), o catarí Ahmed Saad (punto de ouro) e o portugués Julio Ferreira (punto de ouro. Magnífico resultado para José, despois das súas graves lesións.

E tampouco podemos esquecer a prata de Katia Calvar (-62), que caeu na final contra a francesa Magda Wiet. (5-8)

10 de xuño de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.