Lousame organiza unha exhibición de kickboxing coa subcampioa de España
A Concellería de Deportes do Concello de Lousame organiza mañá xoves 26 de xuño unha exhibición de kickboxing a cargo de Estefanía García Figueira, subcampioa de España na categoría K-1 e campioa galega de boxeo e kick. Trátase dun adestramento aberto a todos os veciños e veciñas de Lousame, que poderán participar de xeito totalmente gratuíto.
A exhibición terá lugar ás 21:00 horas no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, da Silva. Unha cita coa que o Concello de Lousame pretende tamén pulsar o interese da veciñanza cara este deporte con vistas a poder incluílo na súa oferta deportiva para o próximo curso.











