López-Chaves participa en Portos do Estado nunha reunión de traballo de autoestradas do mar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorVigo
A-
A+

O Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, e a Xefa da área de Explotación, Ana Ulloa, participarán hoxe martes nunha reunión do grupo de traballo de Autoestradas do Mar que terá lugar na sede do organismo público dependente do Ministerio de Fomento, Portos do Estado.

Durante a reunión, convocada pola Asociación Española de Promoción do Transporte Marítimo de Curta Distancia (ShortSea Promotion Cente r-Spain), os asistentes analizarán a estratexia loxística correspondente ao impulso das Autoestradas do Mar.

Un proxecto de vital importancia para Vigo e o seu Porto ante a inminente posta en marcha da Autoestrada do Mar Atlántica, que xa recibiu o visto e prace definitivo da Comisión Europea ás axudas de 3 millóns de euros da convocatoria do programa Marco Polo II.

De feito, esta aprobación era condición imprescindible para garantir a legalidade das axudas de Estado que ascenden a 30 millóns de euros (15 millóns por parte de cada Estado membro) e para avalar que non vulneran a competencia.

Tras o visto e prace da comisión intergobernamental ao cambio de titularidade da sociedade explotadora que xestionará a Autoestrada do Mar, nos próximos días terá lugar a cesión dos dereitos de explotación de Trasmediterránea a Suardíaz, a naviera que realiza o servizo de PSA entre os portos de Vigo e Nantes-Saint Nazaire.

10 de xuño de 2014 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.