“Loita polo que queres” será a nova campaña de abonados do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal presentou esta mañá a campaña de abonados para a tempada 14.15, a décimo segunda na máxima división do fútbol sala. O acto de presentación tivo lugar nun dos establecementos que máis colabora co club: A bodeguilla de San Lazaro. O director xeral do club, Miguel Fernández, o seu adestrador, Santi Valladares e o xogador Diego Quintela, protagonista da mesma, foron os encargados de dala a coñecer ante os medios de comunicación.

O lema desta campaña de abonados será “Loita Polo que queres”, un claro chamamento aos afeccionados do Santiago Futsal para que apoien ao seu equipo si queren que o fútbol sala de elite siga un ano máis na nosa comarca. Para iso utilizáronse imaxes como a de Diego Quintela; xogador de canteira exemplo de loita e compromiso que alcanzou a internacionalidad coa selección absoluta, ou a das Marías; unha parella de irmás tremendamente populares e queridas en Santiago polas vestimentas que vestían e a loita que levaron a cabo na posguerra por protexer á súa familia.

Para incentivar que os abonados renoven o seu carné o máis rápido posible o club decidiu regalar aos 250 primeiros abonados unha bolsa/mochila do club da edición especial “I Love FUT5AL”. Así mesmo os abonados poderán elixir entre varios deseños de carné para personalizar o deseño do mesmo o máximo posible.

Con respecto aos prezos dos abonos, mantéñense na maioría das categorías con respecto á tempada pasada. Tamén segue vixente unha categoría con descontos para maiores de 65 anos, universitarios menores de 25, con Carné Xove, Parados de máis de 6 meses, xogadores da Agrupación de Veteranos ou xogadores federados.

Cabe destacar, que esta tempada, as entradas para os partidos do Santiago Futsal serán a 10€ para adultos e a 2€ para os menores de 13 anos. Así, os prezos e categorías establecidos para a tempada 2013/2014 son os seguintes*:

Adulto: 75€

Reducida: 50€ (maiores de 65 anos, universitarios menores de 25, con Carné Xove, Parados de máis de 6 meses, xogadores da Agrupación de Veteranos ou xogadores federados) **

Xuvenil (de 13 a 18 anos): 25€

Infantil (menores de 13 anos): 5€

Empresa (5 carnés): 250€

* Inclúe todos os partidos de Liga Regular en casa, Play-off polo título e Copa do Rei. O club resérvase o dereito a declarar tres Día do Club ao prezo de 5€ a entrada

** Será necesario presentar a documentación que o acredite

A campaña de abonados xa está aberta, polo que todos aqueles que queren renovar o seu abono poden pasarse xa polas oficinas do Multiusos Fontes do Sar, chamar ao 981 11 50 38 ou enviar os seus datos a administracion@santiagofutsal.com

26 de xuño de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.