publicidade hoxe

Licitado por preto de 150.000 euros o contrato de mantemento da presa de Baiona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licita hoxe na plataforma de contratación por case 150.000 euros o contrato de mantemento e xestión necesarias para a correcta explotación da presa de Baiona para os anos 2015 e 2016.

A presa do encoro de Bahiña en Baiona é unha das principais infraestruturas de abastecemento de auga deste concello. Dende este encoro Baiona captase a maior parte da auga que a súa poboación demanda anualmente. É, polo tanto, unha importante infraestrutura que axuda a subministrar auga de calidade e con menores custes de transporte e xestión que á que se subministra dende o sistema de abastecemento de Vigo.

Esta infraestrutura é explotada na actualidade pola Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, que apoia ao Concello no desenvolvemento das súa competencia de prestación do servizo municipal de abastecemento.

Ademais da explotación en mantemento continuados, Augas de Galicia rematou en 2012 as obras de mellora e automatización da presa de Baiona, cun orzamento de máis de 1,5 millóns de euros.

As actuacións máis importantes levadas a cabo foron a construción dun novo peche perimetral, a rehabilitación do edificio de control, e a reparación dos desaugadoiros de fondo e toma.

Tamén se melloraron as instalacións eléctricas, a rehabilitacións das galerías da presa e se executaron melloras en relación á auscultación e automatización da presa, incluíndo a instalación dunha estación meteorolóxica.

5 de xuño de 2014 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.