Juan José Millás protagoniza a última sesión de Libros en directo na Coruña
O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que Juan José Millás protagonizará a última sesión de Libros en directo que se celebrará o próximo 17 de xuño ás 20.30 horas no Centro Ágora. A entrada, como sempre, é libre até completar aforamento.
Juan José Millás falará con Pedro Ramos sobre o seu libro La mujer loca (Seix Barral, 2014). Esta novela narra, cun fino sentido do humor, as tribulaciones dun escritor, Millás, á caza dunha reportaxe que novelar ou dunha novela que “reportajear”. Ficción e realidade, realidade e ficción mestúranse para crear unha crónica actual, íntima e honesta con personaxes entrañables como Julia (pescadeira nunha gran superficie, de día, sanadora de palabras, de noite), Emérita (unha muller feita a si mesma, ferretera cun gran segredo) e Serafín (esposo e meditador).
Con este ciclo a Concellaría de Cultura pretende traer á Coruña os autores máis relevantes da actualidade editorial, para que os lectores poidan coñecer, por boca dos propios escritores, a súa traxectoria vital e creativa así como os detalles da obra en cuestión.
Libros en directo, grazas á súa periodicidade mensual e a calidade dos autores invitados, conseguiu situar A Coruña no mapa estatal das presentacións de libros, consolidar o Centro Ágora como o espazo de referencia para as actividades literarias de gran nivel, así como satisfacer a curiosidade do amplo espectro de lectores que poboan a nosa cidade.











