Juan Campos estreará o Seat León MK1 no Campionato de España de Resistencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoDeportesDeportes Portada
A-
A+
Novo Seat León MK1 de Juan Campos

Novo Seat León MK1 de Juan Campos

O próximo fin de semana disputarase nun dos trazados máis modernos e espectaculares de Europa unha nova cita do Campionato de España de Resistencia. Será Motorland Aragón o trazado no que o piloto galego Juan Campos estreará o seu novo Seat León Mk1.

Serán máis de 60 vehículos en pista divididos en 6 categorías. Encadrados dentro da División, a Escuadra Cerdedoenrali, tratará de loitar polos postos de honra en 2 emocionantes carreiras de 50 minutos de duración en pleno verán aragonés, onde se esperan altas temperaturas dentro e fóra da pista.

Para o equipo galego, campión da división 6 en 2012 e cuarto clasificado da división 5 en 2013, esta carreira supón un novo reto, quizá o máis difícil, xa que se trata agora de competir na categoría máis numerosa e con rivais poderosos.

25 de xuño de 2014 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.