Jazz e teatro na fin de semana en Nigrán
Nigrán presenta un fin de semana cultural, coa actuación do grupo Felipe Villar Trío mañá no Salón de Actos Municipal ás 20.30 horas para presentar o disco “Home”. Sobre o escenario acompáñanlle a batería moañés Max Gómez e o contrabaixo cubano José Manuel Díaz.
A tarde do sábado será a quenda do teatro, coa actuación do grupo Teatro do Ar, do C.P.I. de Panxón, que interpretarán unha versión da obra de Miguel Mihura “Tres sombreros de copa”, tamén ás 20.30 horas.











