IX Edición do Torneo 24 horas de Tenis de Mesa de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O mes de xullo arranca en Gondomarda man do Campus de Verán de Tenis de Mesa e da IX Edición do Torneo 24 horas de Tenis de Mesa organizado pola Agrupación DeportivaVincios, en colaboración coConcello de Gondomar.

A competición dará comezo o sábado 5 de xullo ás 17.00 horas no Pavillón Municipal de Deportes do municipio e prolongarase ata o domingo. O torneo abrangue as categoríasBenxamín, Cría,Infantil, Afeccionados e Absoluta. Todas as categorías son mixtas.

A ocasión servirá, tamén, para celebrar o ascenso á división de honra conseguida poloADVincios/Bade.

O prazo de inscrición remata o próximo martes, 1 de xullo podendo realizala mediante correo electrónico en vinciostm@gmail.com, ou no teléfono, 699 670 085, así como resolver calquera dúbida relacionada coa inscrición, ingreso da cota ou desenvolvemento da competición.

Campus de verán de Tenis de Mesa

Como actividade paralela e previa ao Torneo 24 horas, a Agrupación Deportiva Vinciospoñerá en marcha un Campus de Verán dende o luns 30 de xuño ata o venres 4 de xullo (ambos os dous incluídos), dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos co obxectivo de iniciar os rapaces e rapazas na práctica do tenis de mesa. Levarase a cabo no Pavillón Municipal, en horario de 19.30 a 21.00 horas.

27 de xuño de 2014 | 10:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.