Inícianse os traballos para solucionar unha avaría na iluminación pública do Morín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O concelleiro de Servizos Municipais, Xosé Lois Rodríguez Rivera, informa que se detectou unha avaría no servizo de iluminación pública na rúa do Morín, na marxe esquerda da zona comprendida entre a intersección coa rúa Ramón Cabanillas e as instalacións da ITV.

No día de onte, unha chamada dun veciño alertou de que non había luz na devandita zona. Operarios municipais desprazáronse ata o lugar e comprobaron que o motivo da avaría era a rotura dos cables da condución soterrada.

A solución ó problema pasa por levantar cincuenta metros de beirarrúa e proceder á substitución de tódolos cables e da canalización dos mesmos. Agárdase que estes traballos poidan iniciarse mañá mércores, desenvolvéndose durante aproximadamente unha semana para deixar a beirarrúa en debidas condicións.

A iluminación pública restablecerase con anterioridade, unha vez que se substitúan os cables actuais por outros novos.

Dende a concellería de Servizos Municipais pídense desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, e agradécese a colaboración veciñal á hora de detectar   posibles avarías no servizo de iluminación. Canto antes se comuniquen ó Concello (Tlf.- 982-40-25-01), antes se identifican e se solucionan as avarías

17 de xuño de 2014 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.