Inaugúrase o campus de porteiros do Santiago Futsal

Inauguración do campus de porteiros do Santiago Futsal
Esta tarde inaugurouse a segunda edición do Campus de Porteiros do Santiago Futsal no que participan 20 nenos e nenas de toda Galicia, e é que participan nenos e nenas de Ferrol, Arzúa e comarca de Santiago.
Durante esta tarde e mañá aprenderán cos mellores monitores a técnica e táctica do porteiro de fútbol sala, apoiado con sesións de vídeo. Tamén gozarán con sesións de lecer e poderán resolver as súas dúbidas cos 4 monitores deste Campus: Adri Martiño, Jorge Basanta, David Rial e Gabriel Capelo, dirixidos por Mon Barreiro, adestrador de porteiros do Santiago Futsal e da selección española feminina de fútbol sala.











