III Encontro de Ximnasia dos Centros Sociocomunitarios en Verín
Na xornada de mañá 10 de xuño, de 17 a 20 horas, o complexo deportivo de A Granxa de Verín acollerá o III Encontro de Ximnasia dos Centros Sociocomunitarios de Ourense.
Nesta actividade, organizada pola Xefatura Territorial de Traballo e Benestar de Ourense coa colaboración do Concello de Verín, realizaránse exhibicións deportivas de todos os centros sociocomunitarios da provincia de Ourense. A mesma está englobada dentro das VIII Xornadas de Deporte e Saúde, organizadas polo Concello de Verín, co fin de asentar o concepto de promoción da saúde a través dos campos de creación de ambientes favorables a saúde, fortalecemento da acción e participación comunitaria, desenvolvemento de actitudes persoais saudables e formulación dunha política pública baseada no deporte desde a infancia.
Con todo, non se trata da única actividade destas xornadas realizadas durante esta semana, xa que hoxe luns iníciase o XV Mundialito de Fútbol-Sala, organizado polo Servizo de Deportes do Concello de Verín. No Pavillón Municipal de Deportes terá lugar a celebración dos tradicionais torneos de fútbol-sala organizados polo ente municipal ao rematar a tempada de competicións populares de base (nas seguintes categorías: sub-9, sub-12, sub-15 e sub-18.
As categorías sub-09 e sub-12 deben de presentarse este luns pola tarde no Pavillón Municipal de Deportes de Verín para consultar os equipos nos que están encadrados todos os xogadores e os seus respectivos calendarios. Os horarios da Liga Sub-15 son os seguintes (todos os partidos dispútanse no Pavillón Municipal de Deportes):
Grupo A:
Lunes 9 (17.30 h.) > The Monkey Time – Los Calos
Lunes 9 (18.10 h.) > PP Mercedarios Verín – Chepos de Montepinar
New York Tigers: descansa.
Grupo B:
Martes 10 (17.15 h.) > El Equipo A – Los Play Boy Plus
Martes 10 (18.00 h.) > Os da ONCE FS – Barrenadas FC
Eeeeeespartaco!!!: descansa.
Respecto a Liga Xuvenil, cuxos partidos terán lugar tamén no pavillón municipal, os horarios da primeira xornada son:
Luns 9 Xuño:
> 18.45 horas: Rejato Seco FS – A Pesca FS
> 19.30 horas: Os Perucheiros – Borussia Weben
Martes 10 de xuño:
> 18.45 horas: Rotonda Cuadrada – Café Ívori FS
> 19.30 horas: Brillo FS – Ferramentas Futsal











