publicidade hoxe

III Campus S.D. Xove F.S. de Fútbol sala Mixto e II Campus de Porteiros “Stop Goles”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Hoxe tivo lugar a presentación do IIIº Campus Fútbol sala Mixto e do IIº Campus de Porteiros “Stop Goles” nun acto celebrado ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Xove. Neste acto de presentación participou o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, acompañado polo Directivo da S.D. Xove F.S. Antonio Rei.

O Alcalde na súa intervención expresou a súa satisfacción pola posta en marcha de lestes importantes eventos deportivos, mostrando o apoio do Concello á S.D. Fútbol sala Xove na celebración de ambos os campus.

O Campus de Fútbol sala Mixto celebrarase do 7 ao 11 de Xullo, ambos os incluídos, e está dirixido a nenos e nenas que queiran gozar durante 5 días do fútbol sala e de múltiples actividades lúdicas, que estarán supervisadas e dirixidas por profesionais titulados no ámbito deportivo e da educación. A día de hoxe, cabe destacar que MÁIS DE 60% DAS PRAZAS XA ESTÁN CUBERTAS. Como feito especial a destacar nesta edición, dicir que imos contar como convidado especial co xogador de 1ª División Adrián Martínez Vara “ADRI”, xogador do Pozo de Murcia e internacional absoluto con España, así como outros moitos ilustres xogadores.

En canto ao IIº Campus de Porteiros “Stop Goles” desenvolverase a continuación do anterior, do 14 ao 17 de xullo.

12 de xuño de 2014 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.