II Campionato Galego de Kick Boxing en Tomiño
A parroquia tomiñesa de Goián, acollerá o vindeiro sábado, 28 de xuño, o II Campionato Galego de Kick Boxing Amateur, organizado por el deportista de esta modalidade e veciño de Goián, Carlos “Charly” López Pereira, coa colaboración do Concello de Tomiño e varias casas comerciais.
A organización espera contar con medio centenar de deportistas federados de toda Galicia. O ano pasado, a proba celebrouse con grande éxito tamén en Goián e anteriormente no concello do Rosal.
O campionato disputarase en dúas fases: semifinais, que comezarán ás 17.00 horas, e final, a partir das 22.00 horas.
Ademais haberá exhibicións e sorteos. As entradas poden comprarse por 7 euros, de forma anticipada, ou en taquilla, a 10 euros. Puntos de venta anticipada: en Goián: Vaya Punto, Espazo en Forma; en Tomiño: Sertec, Estipel; en O Rosal: Bar Barros, Excalibur, e na Guarda: Pool Chao e Art Café.











