publicidade hoxe

Hostalería Compostela e os empresarios turísticos do Camiño de Fisterra e Muxía colaboran para darlle servizo aos peregrinos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFisterraMuxíaSantiago de Compostela
A-
A+

Hostalería Compostela e os empresarios do sector turístico que traballan no Camiño de Fisterra e Muxía mantiveron un encontro con responsables da empresa Monbus, para tratar de mellorar as conexións entre a Costa da Morte e a capital de Galicia e entre Fisterra e Muxía. Debido a que neste momento na concesión da empresa non hai autorizadas expresamente expedicións directas de Muxía a Fisterra e viceversa, dende Hostalería Compostela decidiron enviar un escrito dirixido a Directora Xeral de Mobilidade da Xunta comentándolle a necesidade de establecer estes servizos, xa que neste momento a comunicación entre estas dúas vilas faise a través de enlace en Cee, coas expedicións Fisterra-Cee e Cee-Muxía.

Para os empresarios do sector turístico é esencial darlle resposta a este incremento na demanda e mellorar as conexións tendo en conta o despegue que está a vivir esta ruta xacobea nos últimos tempos, polo que confían na sensibilidade da administración neste asunto de vital importancia para a zona e na posibilidade de establecer o antes posible a conexión directa por bus entre Fisterra Muxía e mellorar igualmente a conectividade dentro da Costa da Morte e entre esta zona e Santiago de Compostela.  

18 de xuño de 2014 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.