publicidade hoxe

Homenaxe na Baña a Avelino Pousa Antelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

A comunidade educativa do CPI San Vicente organizou unha homenaxe a Avelino Pousa Antelo, simbolizada coa plantación dunha roseira, coa ofrenda floral que o alumnado trouxo das súas casas ante o monolito que preside o patio do colexio, con bailes dos grupos de infantil e con actuacións musicais.

O acto tivo lugar ás 12.00 de hoxe, xoves  19 de xuño, e nel tamén participaron representantes do Concello da Baña e da ANPA do CPI. Esta xa non foi a primeira vez que o CPI San Vicente homenaxea este autor. Mesmo Pousa Antelo participou no de maio de 2005, onde -como explicaban no discurso inaugural- os agasallou con anécdotas sobre a súa vida e co seu saber.

E por suposto que esta non será a última homenaxe porque este é un autor moi apreciado neste concello e na súa contorna.

19 de xuño de 2014 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.