publicidade hoxe

Homenaxe en recoñecemento ao traballo do Rápido de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda prepara unha homenaxe ao Rápido de Neda en recoñecemento ao traballo realizado ao longo da presente tempada, na que o equipo local de fútbol conseguiu un histórico ascenso á 1ª Autonómica, regresando á categoría vintecinco anos despois. Méritos que o Concello quere destacar co acto previsto para a próxima semana. Nesta liña, o alcalde, Ignacio Cabezón, invita á veciñanza a arroupar a xogadores, equipo técnico e directiva participando no mesmo. Será o vindeiro xoves, 3 de xullo, no Centro Cívico e a partires das oito e media do serán. O acto consistirá na recepción ao equipo por parte da corporación municipal. Así mesmo, e tras os correspondentes discursos, o alcalde procederá á entrega dunha placa conmemorativa e, a continuación, está previsto que a plantilla asine no Libro de Ouro da real vila. Ademáis, o alcalde está xestionando coa directiva do Racing de Ferrol a participación do equipo no Torneo de fútbol Real Vila de Neda, que se celebrará no mes de agosto. A día de hoxe, o Concello tan só está á espera de que confirme a data posible para fixar o encontro.

26 de xuño de 2014 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.