Gran éxito de participación na Xornada de Promoción de Rugby 7

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilagarcía de Arousa
A-
A+

Uns 120 xogadores reuníronse o sábado en Fontecarmoa para gozar dunha gran tarde de rugby 7. Na categoría senior o equipo Ínguas composto por: Gamba, Gambita, Tiago, Biris, Miguel, Pintos,Bosníaco, Harry e Mikel cumpriu o prognóstico e impúxose con moita claridade a todos os seus rivais logrando o triunfo final. En segundo lugar finalizou o CR Ferrol e en terceiro lugar o IRCB (equipo B dos Ingleses) formado por: Morris, Losada, Dorro, Marcos, Hache, Juaniyo, Punty, Zua e Sherman; que se impuxeron á Universidade de Ourense e caeron ante o CR Ferrol por só 3 puntos.

Na categoría feminina as Inglesas formadas por Virginia, Camila, Marjorie, Jenyfer, Noelia, Sara, Elies, Carmén e Mar alcanzaron a segunda praza vencendo con claridade a un combinado de xogadoras galegas e ao Mareantes de Pontevedra, aínda que caeron de forma rotunda en fronte á Universidade de Ourense que se proclamou Campiona.

Os sub 18 non tiveron tanta sorte e nun grupo realmente difícil caeron por tan só dous puntos ante o PRC que se proclamaría campión ao cabo. Esta dolorosa derrota ante o equipo dominador da categoría os últimos anos nun partido que só se decidiu por un tiro a paus provocou os desánimos nos mozos xogadores de Poli que terminaron cedendo tamén ante Lalín e o Combinado. No último partido PRC imporíase, non sen problemas a un gran Lalín que finalizou segundo. ( Lolo, Javichu, Jerson, JJ, Lupo, David, Bruno, Xoan, Brea e Carlos)

Pola súa banda a xornada de información achega do Rugby feminino que se ía a levar a cabo o sábado pola mañá decidiuse aprazar debido á mala previsión de tempo e levarase a cabo nos próximos días na Praza de Galicia e tamén na praia da Compostela.

 

30 de xuño de 2014 | 12:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.