Gran éxito da I Feira de Oportunidade sda Guarda organizada por Acigu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Feira de Oportunidades na Guarda

Feira de Oportunidades na Guarda

O pasado sábado 7 de Xuño ACIGU Centro Comercial Aberto celebrou a Feira de Oportunidades da Guarda; con previa comunicación á Dirección Xeral de Comercio da Conselleria de Eonomía e Industria e autorización do Concello da Guarda.

Esta era a primeira vez que desde esta Entidade se levaba a cabo esta iniciativa de dinamización comercial que os propios asociados solicitaran, iniciándose os trámites para a súa celebración a principios de febreiro na mesa de Comercio local da Guarda.

A Feira de Oportunidades estivo acompañada no mesmo día e lugar coa degustación da Rosca de Xema Guardesa onde se entregarón aproximadamente unhas 5.000 racións deste produto típico guardés.

Pola mañá o evento estivo amenizado por uns pasarúas amenizado por O TREBON DOS XIDOS e pola actuación do grupo THE LOOPHOLES e a presentación fotográfica de Tamara Castro na Entrada do Hotel- Cafetaría Eli-mar.

A organización agradece a todos os comercios participantes neste evento; e ao público en xeral que se achegou ata as rúas Vicente Sobrino e Joaquín Alonso.

12 de xuño de 2014 | 10:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.