Gondomar tramitou un total de 60 licenzas de obra no que vai de ano
No que vai de ano, o Concello de Gondomar concedeu un total de 60 licenzas, entre obras maiores e menores. A validación, no ano 2012, da aplicación da reviviscencia das normas urbanísticas do plan do ’91 sobre a delimitación de núcleos, fixo posible afianzar a plena validez xurídica das licenzas que a partir de entón, e amparadas na reviviscencia das devanditas normas, concédanse aos veciños e veciñas de Gondomar.
A aprobación destas normas fixo posible o avance na tramitación de solicitudes de licenza que permanecían pendentes de resolución. Carlos Lameiro, concelleiro de Urbanismo do Concello explica que seguimos avanzando na tramitación de solicitudes de licenzas que permanecían pendentes de resolución, xunto coas novas solicitudes que entran diariamente” e engade; “ademais estanse a resolver os expedientes de infracción por denuncias de todo tipo”.
“En 2013 concedemos un total de 100 licenzas e nestes cinco meses outorgamos 60. Estes datos son moi importantes para Gondomar, xa que indican que se está a volver reactivar urbanisticamente. Por iso é xusto agradecer o esforzo e traballo de todo o persoal que conforma o departamento de Urbanismo que fan posible que sigamos avanzando no bo camiño”, conclúe o edil.
Plan Xeral
Por outra parte, o responsable de Urbanismo aproveita para informar de que o PXOM xa está listo, a falta dun informe técnico para a súa aprobación inicial. Lameiro desexa que sexa secundada por todos os grupos que compoñen a corporación municipal para, así, poder iniciar a fase de exposición pública e alegacións”.
Isto permitiría comezar os traballos sobre o plan coas alegacións e achegas dos veciños e demais entidades veciñais, as cales serán debidamente atendidas polos técnicos da empresa redactora que se desprazarán ao municipio o tempo que sexa necesario para resolver as alegacións que xurdan.
Aclarar que, debido a un erro detectado na impresión do documento entregado o pasado 31 de Marzo pola empresa redactora do PXOM, o día 23 de maio se fixo a entrega aos grupos da corporación municipal dun novo CD coas seguintes correccións:
. PLANOS DE ORDENACIÓN. – follas: 1.1 G04, 2.1 N09, 1.3 10010, 1.2 10010
. CATÁLOGO. – follas: 00.02-HO25 de35, 00.04-FO 19 de 27, 00.04-FO 20 de27, 00.06-VAI 18 de 22
. ANÁLISE do modelo de asentamento poboacional. – follas: ZC088, ZC195, ZC196, ZC198, ZC199, ZC200, ZC215, ZHT197, ZHT201
A corrección xa está subida á páxina web do Concello: www.concellodegondomar.info











