Germán Lux asina dous anos máis no Dépor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+
Germán Lux

Germán Lux

Germán Lux (Carcarañá – Arxentina, 7-06-82) e o Deportivo asinaron hoxe o contrato que amplía a vinculación do gardameta co Deportivo. O internacional arxentino, campión olímpico coa súa selección en Atenas 2004, defenderá a portaría branquiazul as dúas próximas tempadas.

Lux chegou ao Dépor no verán de 2011, procedente do Real Mallorca. Esa tempada, con José Luís Oltra no banco, foi suplente de Daniel Aranzubia en Liga e titular na Copa do Rei. Iso si, tivo tamén destacadas actuacións nos partidos que xogou no campionato ligueiro, no que o equipo bateu marcas de puntuación e partidos gañados.

Alternou a portaría con Aranzubia en Primeira División á tempada seguinte (2012-13) e foi titular esta pasada campaña (2013-14) xa con Fabricio como compañeiro de demarcación, logrando de novo o ascenso a Primeira División, o segundo na súa traxectoria como deportivista.

27 de xuño de 2014 | 11:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.