publicidade hoxe

Frades abre a súa piscina municipal e celebra a clausura das escolas deportivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

Fin de semana deportivo en Frades, que inclúe a apertura da súa piscina municipal este sábado e a celebración do Día do Deporte o domino 22 de xuño. Así, a piscina municipal de Papucín abrirá as súas portas para a tempada de verán este sábado 21 de xuño, a partir das 15:00 horas.

Como en anos anteriores, o horario da piscina será de 15:00 a 21:00 horas e o acceso será totalmente gratuíto. Os veciños e veciñas de Frades poderán disfrutar das distintas melloras acometidas polo Concello de Frades na pista de pádel contigua á piscina, onde se substituíu o chan artificial e renovouse o peche perimetral da cancha.

Así mesmo, o domingo 22 de xuño terán lugar as tradicionais exhibicións no acto de clausura das escolas deportivas municipais. Un acto que terá lugar no pavillón polideportivo municipal e no CPI Ponte Carreira entre as 10:30 e as 14:30 horas. O programa inclúe inchables, touro mecánico, xogos e agasallos para todos os participantes. Ademais, haberá exhibicións das distintas escolas deportivas de fútbol sala, tenis de mesa, minibasket…. así como unha demostración de patinaxe e de zumba ás 13:00 horas. A asistencia é totalmente de balde.

19 de xuño de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.