Finalizan as obras de mellora da estrada A Botica-Areosa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha financiou integramente con fondos propios a actuación desenvolvida na estrada que comunica os lugares de Areosa e A Botica, a principal estrada de acceso cara a parroquia de Vilaño desde o casco urbano da capital municipal.

A obra, incluída no Plan de mantemento e conservación da rede viaria, consistiu na renovación do pavimento da estrada, que foi dotada cunha capa de aglomerado asfáltico en quente, e a correspondente sinalización horizontal. Ademais de facilitar o tránsito dos vehículos, a execución deste proxecto tamén tivo por obxectivo reforzar a seguridade viaria.

O investimento total desta actuación superou os 33.000 euros

25 de xuño de 2014 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.