Finaliza o curso de galego na Casa de Oficios de Cangas
Onte rematou na Casa de Oficios do Concello de Cangas o curso de Galego que se ven impartindo desde o pasado 7 de abril en horario de 20:00 a 22:00 horas. Con este son xa 28 os cursos de Galego que se realizaron na Casa de Oficios neste últimos dez anos (4 deles impartidos en Granxa da Rúa no 2006), 12 correspondentes os anteriores cursos de Iniciación e Perfeccionamento e 16 correspondentes os actuais CELGA (Certificados en Lingua Galega), que entraron en vigor en setembro de 2007.
Moitos dos alumnos do curso deste ano se presentan as probas do CELGA que ten convocadas a Xunta de Galicia para este fin de semana e o seguinte. En concreto este sábado e domingo teñen lugar as correspondentes os niveis 4 e 2, e o próximo fin de semana as dos CELGA 3 e 1 (sábado e domingo, respectivamente).
Os cursos de anos anteriores se organizaron conxuntamente entre o Concello de Cangas e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, encargada esta última de nomear e sufragar os custos do persoal docente cualificado para impartir estes cursos. O deste ano se impartiu desde o Concello, respondendo así á preinscrición que realizaran nos meses de xaneiro e febreiro un total de 72 persoas.
A Concelleira de Emprego de Cangas, Berta Pérez, destaca que coa posta en marcha destas accións formativas facilítase que tódalas persoas que o desexen podan tomar contacto ou perfeccionar os seus coñecementos en lingua galega, mellorando así as súas competencias lingüísticas, á vez que amplían o seu currículo académico e profesional cara á súa inserción no mercado de traballo. Compre lembrar que a obtención dun CELGA permite certificar un coñecemento de galego a efectos de requisitos académicos e laborais (convocatorias, concursos, etc.).











