Finaliza a obra de pavimentación do camiño rural de Tuia en Bueu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na visita a Bueu

Cores Tourís na visita a Bueu

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o remate dos traballos de pavimentación do camiño rural que finaliza na praia de Tuia, no Concello de Bueu, acompañado do alcalde da localidade, Félix Juncal, e que se atopan dentro do Plan Marco da Consellería de Medio Rural e do Mar.

Nesta visita estivo acompañado polo xefe territorial da Consellería de Medio Rural e do Mar, Miguel Dubois, así como os representantes da empresa adxudicataria dos traballos.

Trátase de un camiño rural moi frecuentado que conta con numerosos accesos a fincas rústicas e vivendas, ademais de ser unha vía de acceso á praia de Tuia, moi frecuentado nos meses de verán.

A capa antiga de rodaxe do camiño se atopaba moi deteriorada debido ao tráfico que soporta esta vía, así como tamén as fortes choivas do inverno e a carencia de drenaxe superficial necesario.

Por elo, o proxecto comprendeu un movemento de terras inicial para a súa nivelación e refino ao longo de 400 metros, procedendo despois a mellora da capa de rodadura e a construción de dúas cunetas, unha a cada lado. Finalmente, pavimentouse con formigón.

O investimento nesta obra roldou os 56.500 euros, segundo apuntou o delegado territorial, José Manuel Cores Tourís.
“No caso dos concellos de Bueu, Marín e Vilaboa, investiranse ao longo do presente ano un total de 153.000 euros dentro do Plan Marco que permite mellorar os camiños rurais. En total, no global da provincia de Pontevedra estanse a investir no 2014 para este tipo de traballos, 2,6 millóns de euros”, engadiu Cores Tourís.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra aproveitou a visita a Mondariz para agradecer a colaboración dos alcaldes pola súa colaboración no desenvolvemento destes programas que “poñen de manifesto a sintonía da administración autonómica e os concellos para levar a cabo os programas deseñados para alcanzar unha mellora da calidade de vida da poboación rural”.
Dende 2009 a Consellería de Medio Rural investiu na provincia de Pontevedra máis de 35,7 millóns de euros en diversos programas de infraestruturas agrarias, tanto en traballos de emerxencia, mellora de camiños rurais, concentracións parcelarias, etc. No caso do concello de Bueu, o investimento en mellora de vías rurais superou os 255.000 euros dende ese mesmo ano.

11 de xuño de 2014 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.