Festival fin de curso do Conservatorio “Mestre Ibáñez” de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O Festival que clausura o presente curso no Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez”, terá lugar este venres día 20 de xuño no auditorio do Edificio Multiusos ás 20:00 horas.

No festival participarán a maior parte do alumnado e profesorado do conservatorio, nas especialidades de violín, piano, guitarra, clarinete, frauta, saxofón, tuba, trombón de varas, trompeta, gaita e percusión.

As actuacións realizaranse de forma individual, a dúo, ou en pequenos grupos de cámara. Actuarán tamén os grupos de iniciación, coro e orquestra do conservatorio.

No concerto interpretaranse obras de autores clásicos e contemporáneos, e tamén pezas de autores modernos e música do folklore popular.

O recital está dirixido a todo o público en xeral e a entrada será gratuíta.

19 de xuño de 2014 | 12:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.