Festival de Fin de Curso da Escola Provincial de Danza de Ourense
A Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense pecha as actividades do terceiro trimestre do período 2013-2014 o vindeiro sábado, 7 de xuño, no Teatro Principal de Ourense, co seu festival Fin de Curso. O evento divídese en dúas sesións, a primeira ás seis da tarde e a segunda ás oito, e en cada unha delas participarán os diferentes grupos da Escola de Danza cun espectáculo de canto, música e baile de unha hora de duración en cada unha delas, dando conta do traballo realizado nas clases durante estes últimos oito meses.
Durante o mes de xuño e xullo estará aberta a preinscrición (a matrícula formalizarse en setembro) para todas as persoas de máis de 4 anos interesadas en participar nas diferentes actividades da Escola Provincial de Danza para o curso 2014-2015. Para máis información, poden consultar na web www.ccpxaquinlorenzo.es, no correo electrónico ccpescoladanza@depourense.es, no teléfono 988249493 ou nas instalacións da Escola de Danza, situada no Centro Comercial “As Lagoas”, na Praza Daniel González.











