Festival benéfico da Escola de Acordeóns de Campelo
A Escola de Acordeóns de Campelo ofrecerá un recital o vindeiro sábado 21 de xuño ás 12 h. no Local Social de Campelo, coa colaboración da concellaría de cultura do Concello de Poio. Este recital, co que se clausura o curso 2013/14 da escola de acordeóns, que se desenvolve na Escola de Música – Biblioteca de Campelo, é un acto para dar a coñecer o repertorio da Escola de Acordeóns.
A entrada ao festival é libre e gratuíta, mais os organizadores levarán a cabo unha iniciativa solidaria establecendo unha entrada simbólica de 1 kg. de alimentos non perecedeiros, que se destinarán aos máis desfavorecidos do municipio a través da concellaría de servizos sociais.
Escola de Acordeóns de Campelo
Escola de acordeons de Campelo formase no ano 1.982 da man dos mestres José Paredes e José Poceiro, sendo por aquel entonces rexidor municipal e principal precursor da iniciativa D. Emilio Rey Fonseca.
Pasaron pola escola ao longo destes 32 anos moitos nenos, nenas e non tan nenos do noso Concello e de outros limítrofes, pasando a formar unha banda de acordeons que actuou por toda a xeografía galega e en diferentes platos televisivos de canles autonomicos e estatal.
Moitos dos alumn@s que por ali pasaron, hoxe en día teñen a música como o seu medio de vida, dedicandose a elo como profesionais do sector musical, ven como; musicos de orquestras e grupos musicaism, mestres de colexios, institutos e inclusive conservatorios.
Actualmente dita escola, sigue a funcionar da man dun deses alumnos pionieiros na fundación da escola, como e Juan José Mariño Viñas, que dende o ano 1.997 coa colaboración do Concello de Poio manteñen viva a historia e tradición do acordeón no noso concello e sobre todo no lugar de Campelo, que entre outras cousas coñecese este pobo por contar cunha das primeiras escolas de acordeons.
O alumnado pasa por ser de diferentes xeneracions como logo poderedes ver na súa actuacion, sendo algun dos mesmos fillos de antigos alumnos da escola, botando en falta mais rapaces novos para a continuidade de que perdure a tradición do acordeón na nosa cultura musical.
Nestes ultimos anos estan traballando en recuperar un pequeño grupo de acordeons para poder actuar ala onde sexan requeridos, para seguirse motivando como alumnos no aprendizaxe do instrumento e levando a música do acordeón por moitos lugares.
Parte de esa formación fixo ala polo mes de Xuño do ano pasado unha pequena actuación no Instituto de Ensino Secundario de Poio, con motivo do fin de carreira e entrega de orlas os estudantes. E unha vez pasado por esa actuación, despertou mais interese entre o alumnado e mestre por intentar recuperar un pequeño gripo para seguir motivandoes e poder facer actuacións en público, e que sabe si inclusive reclutando posibles interesados no aprendizaxe deste instrumento.
O Sábado 21 de Xuño teremolos no Local Social de Campelo – Poio, facendo un festival donde mostraran todo o seu bo facer, e co cal se pretende recoller alimentos para os mais necesitados do concello, facendo unha entrada solidaria aportando 1 kg de alimento non perecedeiro para que a traves da Conselleria de Servicios Sociais do Concello, os fagan chegar a todas aquelas familias mais necesitadas do Noso Concello.
Quixeron escoller Campelo, como o lugar para a sua nova volta a escea e presentación, xa que a parte de levar o nome do lugar, este foi o que seu nacer a escola.
Teran unha moi boa representación do alumnado da escola e membros do grupo de acordeons para mostrarnos o seu bo facer e lavor, misturando idades, sexos e todo tipo de caracteristicas personais de cada un, pero facendo todos un gran son en conxunto, e sobre todo unha gran familia.











