Festa de fin de curso de Santaia
O próximo domingo día 22 de Xuño, ás 18:00 h, no Teatro Municipal As Torres de Santa Cruz, terá lugar a gran festa de fin de curso do grupo de Baile e Gaitas Santaia.
Neste acto, todos os compoñentes do grupo amosarán o que aprenderon e melloraron durante este curso tanto en baile, como en gaita e percusión.
Convidamos a todas as persoas que o desexen a participar, de balde, neste evento que de seguro, non deixará a ninguén indiferente. Máis dunha hora de espectáculo onde percorreremos parte do territorio galego, dende Bembibre a Limiñoa, a través da nosa música e baile.
Santaia tenta desfrutar i espallar o noso folclore máis tradicional, polo que ten ás súas costas as nosas tradicións, prestando especial interese á representación das danzas, á fidelidade do vestiario empregado e á música interpretada.
Imaxes das recollidas, fotos da época, mostras do vestiario tradicional… e moitas máis sorpresas agardan a todos os asistentes a esta gran festa do folclore Galego.
Unha actuación para todas as idades, ó igual que os integrantes da agrupación Santaia, formada por un nutrido grupo de compoñentes de diferentes idades, asegurando así a supervivencia do folclore do noso país no concello de Oleiros.











