Ferrol recibe un intercambio europeo sobre responsabilidade ambiental

Recepción aos participantes no intercambio europeo
O Concello de Ferrol recibiu esta mañá a visita de alumnos e alumnos de centros lingüísticos que participan nun intercambio europeo, no que a Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ferrol colabora con diferentes países. O primeiro tenente de Alcaldía, Guillermo Evia Pérez, deu a benvida no Salón de Recepcións da Casa Consistorial aos 35 adultos que se reúnen estes días na cidade gracias ao proxecto europeo “FROG: Following the Routes of Greeness”. Na recepción tamén estiveron presentes a segunda tenente de Alcaldía, Susana Martínez Galdós; e a concelleira de Turismo, María del Carmen García Fraga.
Evia Pérez explicou que este proxecto “está centrado na responsabilidade ambiental e participa alumnado de sete países diferentes: Holanda, Italia, Lituania, República Checa, Turquía, Grecia e España”. Neste senso, o primeiro tenente de Alcaldía destacou as obras de saneamento que se están a realizar na cidade “que suporán a rexeneración da nosa ría”. Os participantes neste programa europeo percorreron a planta nobre do Consistorial ata chegar ao Salón de Plenos e tamén recibiron un agasallo.











