Ferrol participa no maior escaparate turístico e gastronómico das cidades do Eixo Atlántico
O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Turismo que dirixe María del Carmen García Fraga, participará na segunda edición de Expocidades, o maior escaparate do potencial turístico e gastronómico das cidades do Eixo Atlántico. Esta proposta celébrase do 4 ao 6 de xullo en Pontevedra.
Preto dunha trintena de cidades do norte de Galicia e Portugal se darán cita en Expocidade, que se realizará no contorno da alameda pontevedresa. Esta feira mostrará información turística, e produtos gastronómicos das diferentes cidades que integran o Eixo Atlántico. O mostrador de Ferrol pódese encontrar información sobre a Ruta do Naval, o noso patrimonio cultural e histórico, sobre o barrio da Magdalena, o castelo de San Felipe ou as praias do litoral ferrolán. Tamén se difunde a gastronomía da cidade; así como as súas festas máis tradicionais: A Semana Santa, declarada este ano de Interese Turístico Internacional; e As Pepitas, que tamén obtiveron recentemente a distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia.











