Ferrol formaliza convenios coas asociacións de enfermos de Crohn e Colites, affinor e Vida Activa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Benestar Social que dirixe Rosa Martínez Beceiro, vén de formalizar tres novos convenios de colaboración con entidades de ámbito sanitario, neste caso a sociación Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste (AFFINOR), a Asociación de enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa, e a Asociación Vida Activa. A achega da Administración local para estes tres acordos ascende a un montante conxunto de 3.000 euros.

No que atinxe á Asociación de enfermos de Crohn e Colites, o convenio de colaboración permitirá a realización do proxecto “Aprende a coñecer a túa enfermidade”. Este acordo ten por obxecto axudar aos nenos -menores de 16 anos- e ao seu entorno familiar a coñecer e vivir coa enfermidade de Crohn e Colite Ulcerosa, intentando que mellore a súa calidade de vida a través da seguinte actividade: convivencia dun día nun albergue onde os nenos/nenas e as súas familias poidan gozar e compartir vivencias, charlas, xogos e comida.

Pola súa banda, a sinatura do acordo de cooperación coa Asociación Vida Activa permitirá executar o proxecto “Integración e saúde”. O obxectivo deste convenio é a integración social das persoas con diversidade funcional e a formación dos participantes na importancia de levar unha vida saudable tanto física, como emocional e social. Este proxecto inclúe as seguintes actividades: obradoiro de ximnasia e xogos deportivos; obradoiro de habilidades sociais e autonomía persoal; obradoiro de musicoterapia; curso de utilización e seguridade en internet e redes sociais; o VI Maratón de Fútbol 7 pola Integración; e o VI Maratón de Baloncesto pola Integración.

Por último, a Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste (AFFINOR) poderá poñer en marcha o proxecto “Crear é vivir 2014” gracias ao acordo de colaboración asinado co Goberno Municipal. O obxectivo do convenio é activar a creatividade, fomentar a relación social e aumentar a concentración á vez que se fan exercicios, para as mans que fortalecen e axilizan a súa musculatura a través dun obradoiro de manualidades. Este taller contará dun aprendizaxe de diferentes técnicas de traballos manuais con diversos materiais, desenvolvendo a creatividade e imaxinación, e potenciando o aprendizaxe colectivo.

O Goberno Municipal de Ferrol volveu incrementar este ano a partida económica dos presupostos xerais do Concello que destina a entidades de ámbito social até chegar aos 500.000 euros. O aumento desta dotación económica permitirá subir o montante das achegas municipais a algunhas das asociacións, así como que novas entidades firmen convenios de colaboración por vez primeira na súa traxectoria coa Administración municipal.

 

6 de xuño de 2014 | 12:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.