Ferrol acollerá a segunda edición da carreira popular “Ruta da construción naval” o 22 de xuño
A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, e a edil de Turismo, María del Carmen García Fraga; presentaron esta mañá a II Carreira Popular “Ruta da Construción Naval” que se celebrará o vindeiro domingo, día 22. Este evento deportivo está organizado polo Club de Corredores Populares da Armada e conta co patrocinio do Concello de Ferrol, a través da Concellería de Deportes en colaboración coa Área de Turismo.
As edís ferroláns sinalaron que esta carreira é coa que iniciamos o Circuíto de Carreiras Popular Corre por Ferrol la Voz de Galicia. Ao longo de 10 quilómetros, os corredores percorrerán lugares tan emblemáticos da cidade como o Cuartel de Dolores, Porto, Arsenal Militar, Factoría de Navantia e a Escola de Especialidades da Armada “Antonio de Escaño”. No ámbito deportivo e como novidade da edición se incorporarán as categorías menores, dende biberóns a infantís.











