Ferrol achega 25.000 euros á SGHN para o mantemento e actividades do museo de historia natural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, asinou esta mañá o convenio de colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) para contribuír ao mantemento e actividades do Museo de Historia Natural. O acto de sinatura contou con dous representante da entidade, Antonio Rodríguez e Paulino Gasalla, e a achega municipal ascende a un total de 25.000 euros.

Jose Manuel Rey manifestou que “o Museo de Historia Natural está consolidado como un elemento de promoción do medio ambiente e da cidade que debemos seguir mellorando”. Así mesmo, o rexedor municipal explicou que “o acordo permitirá o mantemento do programa de visitas con monitor/a ao Museo de Historia Natural; cubrir os gastos derivados do funcionamento do devandito Museo e dos fondos, así como a incorporación de pezas novas; a mellora das instalacións coa adquisición de novo mobiliario para o correcto almacenaxe e montaxe das pezas museísticas (adquisición de vitrinas, expositores, paneis, etc)”, dixo.

Outras das finalidades do convenio son contribuír ao funcionamento da unidade de coidado intensivos para lobos mariños e tartarugas e manter o servizo de recollida de animais para o seu posterior envío ao Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Oleiros.

5 de xuño de 2014 | 20:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.