Ferrol abre o prazo para presentar as solicitudes para o obradoiro “Comeza a emprender”
A Concellería de Emprego do Concello de Ferrol, que dirixe Martina Aneiros Barros, abre o prazo de solicitude para poder inscribirse no obradoiro “Comeza a emprender”. A acción formativa, cofinanciada pola Deputación Provincial da Coruña, está dirixida a persoas emprendedoras que teñan un proxecto definido dunha actividade por conta propia e ten un límite de 15 proxectos.
Este curso, cunha duración de 20 horas e de carácter presencial, se realizará en catro días e en quenda de mañá de 9:00 a 14:00 horas. Así mesmo, a formación contará con dúas titorías individualizadas e seguimento online para cada proxecto e a realización das sesións presenciais e titorías terán lugar no Centro Municipal de Emprego. Os contidos do obradoiro versará sobre o proceso de emprendemento; o plano de empresa; marketing, social media e web; e a marca persoal e a motivación emprendedora.
As solicitudes deberán presentarse no propio Centro Municipal de Emprego de Ferrol ou a través do correo electrónico: emprego@ferrol.es. As inscricións recibidas serán valoradas en función de: nivel de elaboración do proxecto, condición de desemprego dos/as promotores/as, empadroamento no termo municipal, e persoas usuarias dos servizos de emprendemento do Concello de Ferrol.











