Federico Fucá afirma que a figura do adestrador axudante está xa estandarizada en todo o mundo e en todas as ligas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Federico Fucá, técnico axudante do Virtus Roma italiano, será unha das figuras máis internacionais do Clínic “Desmontando ao entranador axudante”, que celebra a súa segunda edición os días 18 e 19 de xullo no Complexo Polideportivo da Cachada, en Boiro.

O aclamado técnico, que esta tempada levou ao seu equipo por todo o continente coa Eurocup e a semifinais do Playoff da liga Italiana LEIGA, asegura que a receita de tal éxito é “ter un grupo de persoas extraordinarias, que souberon superar os malos momentos da tempada axudando e apoiándose nos demais”.

Explica que un adestrador axudante ten sempre “traballo dobre”, ao ter que ocuparse tanto de prestar apoio directo ao primeiro adestrador como de traballar de xeito conxunto co persoal.  O seu rol principal dentro do equipo é precisamente “preparar xunto ao resto do corpo técnico cada adestramento, cada situación técnico-táctica do próximo partido a xogar, pero tamén ver vídeos do xogo do opoñente para analizalo”. A todo iso serviulle de preparación a súa etapa en Imola como adestrador principal dous anos: “O coñecer os dous roles fai máis fácil porse na pel do outro, por exemplo, este ano a miña relación con Luca Dalmonte foi inmellorable grazas a iso”, aclara.

“Creo que este clinic é moi interesante, e sobre todo, moi útil. É unha pena que non existan moitos máis dese estilo”, afirmou Fucá, que será un dos encargados de achegar a perspectiva máis universal ao curso, aínda que considera que “a figura do adestrador axudante é a mesma en cada país e liga, está estandarizada xa”. Fucá, que inaugurará a xornada do sábado tratará os “Criterios para a selección das defensas de pick&roll”.

20 de xuño de 2014 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.