Fecimo preparan a feira de oportunidades para o primeiro fin de semana de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO – traballa xa na organización da Feira de Oportunidades do Morrazo, un evento de gran sona na comarca que celebra a súa novena edición, despois de anos de éxito.

Celebrarase como é tradición o primeiro fin de semana de xullo, abarcando o venres día 4, o sábado 5 e o domingo 6, aspirando a manter a asistencia de público de anos anteriores. A carpa habilitada para o evento estará ubicada nas inmediacións da Alameda Nova de Cangas – Xardíns do Señal -.

O horario será o seguinte:

Venres 4: de 18:00h a 23:00h Sábado 5 e Domingo 6: de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 23:00h. Nesta novena edición participarán un total de 24 empresas asociadas de Bueu, Cangas e Moaña. Coma sempre, esta é unha cita imprescindible para os comercios do Morrazo que desexan dar saída ao seu stock.

Na Feira de Oportunidades do Morrazo o cliente contará coma sempre con productos moi rebaixados de diferentes actividades: moda home/muller, moda infantil, calzado, decoración, deportes, agasallos, tendas de mascotas, óptica, etc.

Os descontos ofertados polos expositores serán dun 40% en adiante (segundo marcan as normas da organización) así que será moi fácil atopar verdadeiras “gangas”, productos de calidade a baixo prezo que son o éxito deste evento de referencia para os visitantes locais e turistas. Un ano máis as empresas do Morrazo poderán transformar a súa mercancía acumulada en efectivo que axude aos negocios para as vindeiras tempadas.

Dado a gran afluencia de público, supón unha boa ocasión para darse a coñecer. A promoción da tenda é unha razón moi importante pola que moitos establecementos participan, pois dan a coñecer as súas marcas aos clientes e os valoran para futuras compras.

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo invítaos a visitar a novena edición da Feira de Oportunidades, unha cita cos grandes descontos das empresas locais, cun amplo horario durante o primero fin de semana de xullo. Un espazo comercial onde só atoparán prezos de saldo.

13 de xuño de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.